Centros Escolares

Un ano máis volve a celebración do Samaín do Concello da Coruña, unha iniciativa que pretende achegar o comercio de proximidade aos rapaces e rapazas dos centros de Educación Primaria da cidade.

 

Os centros que xa participastes en ocasións anteriores xa coñecedes a dinámica, que non cambia: obradoiros de disfraces, pasarrúas terroríficos e a procesión e a gran festa final en María Pita na que entregaremos 3 premios de 1.500€ cada un para as mellores comparsas.

 

Para a organización das actividades dividíronse as zonas comerciais da cidade en 7 áreas, vinculándose os centros a cada unha por proximidade xeográfica.

 

Neste enlace tendes todos os detalles das accións que levaremos a cabo e nas que o voso centro escolar pode participar, coas datas, dinámicas de participación e os premios.

 

Podedes inscribir o voso centro escolar no enderezo electrónico: participa@samaincoruna.com